Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como extinciónó

Biodiversidade: Máis de 38.500 especies en perigo de extinción

Imagen
  20 Outubro 2021 Fotografía por Sense Atelier Segundo a última actualización da Unión Internacional para a Conservación da Natureza, o 28% do total das especies avaliadas están ameazadas. Os anfibios, as quenllas e as raias cóntanse entre os máis afectados.   A contaminación mariña e atmosférica, a sobreexplotación dos recursos da Terra; a acidificación dos océanos e o aumento das temperaturas, entre moitas outras causas, están a provocar estragos nos ecosistemas de todo o planeta a un ritmo acelerado. O traballo das organizacións  conservacionistas serve ás veces para facernos unha idea do impacto nunha determinada rexión ou ecosistema, aínda que ás veces é difícil cuantificar a verdadeira dimensión desa traxedia ambiental. A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), dedicada á conservación da biodiversidade do planeta, é un dos marcos de referencia que ten a comunidade científica. Non en balde, a organización conta cunha dilatada experiencia e un...