Estamos a consumir peixe contaminado polos residuos electrónicos que enviamos a África
12 Outubro 2021 Fotografía por John Cameron Quen non ten un móbil, unha tableta e, mesmo, un coche eléctrico? Quen non se queixa cando os seus aparellos electrónicos comezan a cargar peor e a diminuír a durabilidade das súas baterías? Cada canto tempo cambiamos os nosos dispositivos electrónicos? Pero quen sabe como e de onde proceden os materiais necesarios para fabricar esas baterías? Quen sabe que pasa cos dispositivos que tiramos? Os dispositivos electrónicos que todos e todas temos son unha mestura complexa de centos de materiais. Entre os que se atopan metais pesados como chumbo, mercurio ou cadmio. Para que se fagan unha idea, un teléfono móbil ten entre 500 e 1 000 compostos diferentes. Ademais, hai que saber que a obtención destes materiais pon en risco a saúde dos traballadores e as traballadoras que extraen os metais nas minas e fabrican os produtos. E ao final da súa vida útil, se eses materiais non son tratados adecuadamente, as substancias perigosas que ...