O quecemento dispara as pragas: os insectos reprodúcense máis
O clima está a cambiar en todos os recunchos do planeta a unha escala sen precedentes desde hai décadas, provocando cambios que serán irreversibles durante centos de miles de anos. Un exemplo destes efectos está na propagación de pragas cada vez máis destrutivas . Pero de que maneira afecta a situación ambiental á proliferación de pragas de insectos? O aumento da temperatura, a humidade e os gases de efecto invernadoiro son tres circunstancias do cambio climático que favorecen o crecemento e a proliferación de fungos, insectos e pragas que afectan non só ás poboacións, senón tamén aos cultivos ou a agricultura. En agosto de 2018, un estudo publicado pola revista Science advertía de que o aumento de pragas en vexetais provocará nos próximos 20 anos perdas mundiais de colleitas de arroz, millo e trigo entre un 10% e un 25% por cada grao centígrado que suban as temperaturas superficiais medias no mundo. Actualmente, as pragas destrúen ao ano ata un 40% d...